sardiñada

April 13th, 2012

sardiñada

Programa de debuxo artístico: mypaint

February 2nd, 2012

un interesante programa de debuxo de software libre para o debuxo artístico, para empregar tanto en windows coma con ubuntu

http://mypaint.intilinux.com/ podedes atopar bos exemplos do que se pode facer con él, aínda que o mellor é probalo un mesmo.

Unha web que pode axudar a coñecer como funciona e que é moi didáctica a de http://www.ramonmiranda.com que ten un bo traballo de ensinar as posibilidades do programa.

Tamén en http://code.google.com/p/mypaintatelier/

a miña achega con él:

estrela cores

 

alerta cos cínicos

April 15th, 2010

A humidade no chan, ese mexo de can que chuvía din que é, os que pretenden ocultar o sol da verdade. Piares da sociedade centralista e esmagante, totalitaria. Claridade de mentiras sen pudor, sen rubor, sen outra letania que as palabras valeiras de sinceridade.

Eu non fun que eu non sei, que eu non estaba, que eu non sabía, que eu non pretendía………..

Un cúmulo de sinrazón e caradura nestes tempos nos que semellaban que o cínismo non podía ter cabida diante das luces, das videocámaras, do youtube que destaparan esa realidade, verdades a voces que negan linguas de pedra en sonrisos de serpe.

tres monos sabios

3monosfonte da imaxe: http://es.wikipedia.org/wiki/Los_tres_monos_sabios

exposición nocturna

March 5th, 2010

a noite cubría o engano

de mollada luxuría,

entre aloumiños de orballo

e claridades de amencer,

xoias luminiscentes nos ollos

dunha paixón agachada de esperanza,

exposta a luz da noite

núa e transparente

traspasa o ar que nos separa.

xeranio

pousada de liberDade

March 3rd, 2010

unha lonxana morada a da liberdade:

para os que teñen os beizos cosidos,

para as das mans atadas,

para os dos elegantes traxes laranxa

do silencio forzado,

para as oprimidas persoas

da liberdade de consumo,

da liberdade de non ser libre:

escravas da ilusión tatuada

por ferreiros de garabata.

Invernos de silencio

que pagar nesa pousada tan calada.

remuinhoGranate

a forÇa de Vento

March 2nd, 2010

pasa o Vento

pola noite acristalada

de taberna en taberna

tomando cuncas de estrelas e sonhos esquecidos,

osos de vellos dores recordados

en cada paso queixados

e con sonriso de vinho levados,

a tolemia foi chegada pola força,

que non foron cigarros nin brebaxes

os que lle levaron a cabeza ao Vento.

recorteNevadaRemoinho

o neno

December 15th, 2009

as frores pechaban de petalos os dedos do neno que turraba dela como se estivese salvando un mariñeiro de afogar no mar de herba

neno_fror

Manifesto ‘En defensa dos dereitos fundamentais na Internet’

December 3rd, 2009

Ante a inclusión no anteproxecto de lei sobre a economía sustentábel das
modificacións lexislativas que afectan o libre exercicio das liberdades
de expresión, de información e o dereito de acceso á cultura a través de
Internet, os xornalistas, blogueiros, usuarios, profesionais e creadores
de Internet manifestamos a nosa firme oposición ao proxecto, e
declaramos que …

1 .- Os dereitos de autor non poden estar por riba dos dereitos
fundamentais dos cidadáns, incluíndo o dereito á privacidade
, a
seguridade, a presunción de inocencia, á tutela xurisdicional efectiva e
a liberdade de expresión.

2 .- A suspensión dos dereitos fundamentais é e debe seguir sendo unha
competencia exclusiva do Poder Xudicial.
Nin un peche sen unha sentenza.
Este anteproxecto, ao contrario do disposto no artigo 20.5 da
Constitución, pon en mans dun corpo non xudicial, un organismo
dependente do Ministerio de Cultura, a potestade de poder impedir o
acceso dos cidadáns españois a calquera páxina web.

3 .- A nova normativa vai xerar inseguridade xurídica en todo o sector
tecnolóxico español
, prexudicando unha das poucas áreas de
desenvolvemento e futuro da nosa economía, dificultando a creación de
empresas, introducindo barreiras á libre competencia, e trabando a súa
expansión internacional.

4 .- A nova lexislación proposta ameaza aos novos creadores e dificulta
a creación cultural
. Coa Internet e os sucesivos avances tecnolóxicos
democratízase drasticamente a creación e emisión de todo tipo de
contidos que xa non veñen principalmente das tradicionais industria
culturais, se non de moitas fontes distintas.

5 .- Os autores, como todos os traballadores teñen dereito a vivir do
seu traballo con novas ideas creativas, modelos de negocio e actividades
relacionadas coas súas creacións.
Tentar de soster con modificacións
lexislativas unha industria anticuada que non sabe adaptarse a ese novo
ambiente non é xusto nin realista. Se o seu modelo de negocio baséase no
control das copias dos traballos e na Internet non é posíbel sen violar
os dereitos fundamentais, haberán que atopar un outro modelo.

6 .- Cremos que as industrias culturais precisan para sobrevivir de
alternativas modernas, eficaces, credíveles, accesíbeles e que atendan
os novos usos sociais
, en vez de limitacións tan desproporcionadas coma
ineficaces para o fin que afirman perseguir.

7 .- Internet debe funcionar libremente e sen interferencias políticas
patrocinadas
por grupos que buscan perpetuar modelos de negocio
obsoletos e impedir que o coñecemento humano siga sindo libre.

8 .- Demandamos que o Goberno asegure por lei a neutralidade da rede en
España,
ante calquera presión que poda ocorrer, como un marco para o
desenvolvemento dunha economía realista e sustentábel para o futuro.

9 .- Propoñemos unha reforma real dos dereitos de propiedade intelectualNunha democracia as leis e as súas modificacións deben ser
aprobadas despois do debido debate público e de ter consultadas todas as
partes implicadas.
É inaceptable que se fagan modificacións lexislativas
que afectan os dereitos fundamentais nunha lei non orgánica e que trata
de outro tema. co fin de: retornar á sociedade o coñecemento, impulsar o dominio público e limitar os abusos das entidades xestoras.

10 .- Nunha democracia as leis e as súas modificacións deben ser
aprobadas despois do debido debate público e de ter consultadas todas as
partes implicadas.
É inaceptable que se fagan modificacións lexislativas
que afectan os dereitos fundamentais nunha lei non orgánica e que trata
de outro tema.

Manifiesto Periodismo y Derechos Humanos

http://mangasverdes.es/2009/12/02/manifiesto-en-defensa-de-los-derechos-fundamentales-en-internet/

http://www.microsiervos.com/docs/Manifesto-defensa-dos-dereitos.txt

a beleza transversal

November 19th, 2009

Cuntis311009090_recorte_wb

a árbore que non deixa ver o monte, a beleza próxima dunha arbore chea de vida diante dos ollos, ensimismamento no que quedar atrapado no camiño cara a ningures

acuarela de sol

September 23rd, 2009

web_cortinaso sol diluese entre as cortinas e desparramándose por toda a mesa  en pequenas partículas de luz acuosa que mollan os miólos…